Nun pequeno habitáculo, pechado por un muro de reforzo, na base da torre sur da Catedral de Santiago atopouse unha escultura cuxa autoría se atribúe ao Mestre Mateo.
|
Foto: Voz de Galicia |
No medio dun recheo de cascallo apareceu unha figura sen cabeza labrada en pedra. Ten unha altura de 1,85 m. e formaba parte do grupo escultórico do Pórtico da Gloria.
Polas súas características técnicas, atribúese, cando menos, ao taller do Mestre Mateo, de finais do século XII e principios do XIII.
Os traballos de restauración da Catedral, centrados agora na torre sur, van descubrindo novos datos que serven para escribir a definitiva historia da Catedral compostelá.