martes, 2 de septiembre de 2014

A lenda da serea de Fisterra

Ao redor do ano mil, un cabaleiro da saga dos Mariño camiñaba pola beiramar. Un esbarón precipitouno ao mar e alí loitaba coas ondas, das que non se podía liberar. No seu auxilio acodiu a entón afamada serea de Fisterra, mitade muller, mitade peixe, de ollos claros, pelo rubio e longo, corpo feminino fermoso.




A serea quedou prendada do cabaleiro, auxiliouno, salvoulle a vida e ensinoulle a sobrevivir no más profundo dos mares. O cabaleiro tamén quedou prendado dela. Xuntos percorreron os mares e gañaron cumrpida fama na costa atlántica. Tiveron catro fillo e todos xuntos moraban nas profundidades do océano. Pasados os anos o cabaleiro pediulle á serea regresar a terra cos seus fillos para ensiñarlles alí todas as artes da cabaleiría. Consentiu a serea máis púselle unha condición. En cada xeración, un dos Mariñño había de ser tomado pola serea para o seu servizo. O elexido sería aquel de entre os Mariño que ou ben tiña os ollos azuis ou ben tivera pequenas escamas nas coxas.

Dende entón todos os Mariño que viven na costa e teñen os ollos azuis ou escamas nas coxas desaparecen no mar, un tras outro, xeración tras xeración. Antes de desapareceren escoitase sempre a chamada da serea en forma de agudo grito. En lembranza desta maldición levas os Mariño no seu escudo a serea que por sempre marca a sua linaxe.

Moitos autores escolleron esta lenda para a sua creación literaria. Un deles foi Gonzalo Torrente Ballester, que coa súa obra "O conto da Serea" fai transcurrir a acción en Vilaxoán de Arousa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario