lunes, 6 de julio de 2015

Os camiños do Norte no Patrimonio Mundial da UNESCO

O Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO ven de incluir aos camiños do norte cara a Santiago de Compostela na sua lista do Patrimonio Mundial. Estes camiños son O Camiño da Costa, que percorre a cornisa cantábrica, e o Camiño Primitivo, con saída dende Oviedo. O Primitivo percorre os municipios da Fondagrada, Castroverde, Lugo, Friol, Palas de Rei, Toques e Melide, onde entronca co Camiño Francés.

O Camiño da Costa pasa por municipios como Ribadeo, Barreiros, Mondoñedo, Guitiriz, Vilasantar e Arzúa. Entronca co Camiño Francés no lugar de Lavacolla. Este camiño nutríase dos peregrinos que, dende Francia e as Illas Británicas, chegaban aos portos vascos e cántabros. Especial resoancia tivo esta ruta no século XVIII.